Miguel-Anxo Murado
Miguel Murado
...........................
Artigos
...........................
Libros
...........................
Cine e Televisión
...........................
...........................
Acerca de
...........................
Enlaces
...........................
Contacto
...........................
...........................
Español
...........................
Inglés
...........................
...........................
...........................
...........................
...........................

.........................................................................................................................................

Miguel-Anxo MURADO (Lugo,1965). Escritor, guionista de cine e televisión, realizador de documentais e xornalista.

Como escritor, é autor dunha obra consistente en máis de vinte títulos. Comezou a publicar moi novo, despois de obter ós ós 17 anos o premio Café Gijón de novela pola súa obra en castelán “Metamorfosis benezianas”. Desde entón ten escrito, principalmente en galego, libros de relatos e poesía. Entre os primeiros destaca o volume de relatos Ruído, relatos de guerra, que acadou cinco edicións na súa versión en galego e que foi logo traducido ó español e publicado pola editorial Montesinos. Outros títulos son: Mércores de cinza, Memoria de derribos e, máis recentemente, O soño da febre . Canto á poesía, é autor de dous libros: Lapidario e Bestiario dos Descontentos, este último traducido ó inglés e publicado en Estados Unidos pola Edwin Mellen Press. Así mesmo, Murado é autor de ensarios literarios como Caderno de Xapón, libros de viaxes e recopilacións de artigos. En 1996 recibiu o premio Sanclemente de novela (ex-aequo con Antonio Tabucchi e Aníbal Malvar). Tamén é autor de dúas obras de teatro estreadas: A grande noite de Fiz e Historias peregrinas.

Como xornalista, Murado cubriu as guerra de Croacia e Bosnia e a Segunda Intifada palestina. Residiu en Oriente Medio varios anos, onde traballou primeiro como oficial de prensa das Nacións Unidas asistind ó goberno palestino, e máis tarde como correspondente en Xerusalén do diario El Mundo. Actualmente é columnista do diario La Voz de Galicia e analista de política internacional así como colaborador ocasional da BBC británica na que comenta a política española. Polo seu traballo como columnista recibiu no ano 2005 o Premio "Francisco Fernández Del Riego". No ano 2006 publicou o ensaio La Segunda Intifada. Historia de la revuelta palestina.

Paralelamente, Murado ten desenvolvido unha intensa actividade como guionista tanto de cinema como de televisión, escribindo ou dirixindo documentais e series de ficción. Entre as súas longametraxes producidas atópanse La ley de la frontera do director arxentino Adolfo Aristarain ou Finisterre de Xavier Villaverde. Polo seu traballo para o cinema recibiu en tres ocasións consecutivas o Premio Carlos Velo para guións cinematográficos.


  .........................................................................................................................................

..............................................................................................................................................................................
Todo o contido de esta páxina é propiedade intelectual de Miguel-Anxo Murado [Miguel Murado] | Autorízase a súa reproducción sempre que se cite a procedencia | Deseño web m&e ................................................................................