Miguel-Anxo Murado
Miguel Murado
...........................
Artigos
...........................
Libros
...........................
Cine e Televisión
...........................
...........................
Acerca de
...........................
Enlaces
...........................
Contacto
...........................
...........................
Español
...........................
Inglés
...........................
In Association with Amazon.com  
...........................
...........................
...........................

.........................................................................................................................................

Finisterre
guión. 1998 (dir: Xavier Villaverde)
Windows Media > 56K > ISDN

Escribín este guión a partir dun argumento do director, Xavier Villaverde. En realidade, o meu traballo centrouse nos diálogos e á carpintería da trama. Unha historia de reencontros cun aire algo sinistro e melancólico.

Una cita con Kim Bassinger
guión. 1996
Windows Media > 56K > ISDN

Nos tempos en que Canal + facía pequenas curtametraxes para presentar as estreas, recebín o encargo de escribir esta pequena peza para o pase de "Ella siempre dice sí". A historia presentaba a Pepón Nieto como un debuxante namorado de Kim Bassinger, pero da Kim debuxada de "Cool world", e que non acepta vela como persona real.

 

500 Anos
guión. 1995
Windows Media > 56K > ISDN

Parte dunha serie documental sobre a Universidade de Santiago, esta peza sufriu excesivamente do "recheo" ó que someteron todos os capítulos. Este capítulo trataba da Galiza dos séculos XVI e XVII.

La ley de la Frontera
guión. 1994 (dir: Adolfo Aristarain)
Windows Media > 56K > ISDN

Unha experiencia non demasiado satisfactoria no cine comercial español. O guión orixinal sufriu mutilacións considerables a mans do director, obsesionado por rodar unha película de aventuras sen os elementos cínicos e reflexivos do texto de partida. Película fallida, ó meu ver, xustamente neses cambios que perxudicaron a lóxica narrativa da cinta.

Contar
guión. 1994 (dir: Manuel Abad)
Windows Media > 56K > ISDN

Un soldado do exército galego, ferido na batalla de Pontesampaio, agoniza nun hospital militar e ve pasar a súa vida nos seus últimos minutos de lucidez. Un traballo difícil, porque as imaxes estaban rodadas antes de eu redactar o guión (!), máis concretamente o "off".

Rapsodia galega
guión e dirección. 1994
Windows Media > 56K > ISDN

O IGAEM quería celebrar un seu aniversario e a TVG encargoume escribir e dirixir un programa especial con Galiza como tema. Fíxeno partindo da idea dos ventos do país e os percorridos. Ten momentos, pero os condicionamentos institucionais condicionaron o resultado de máis.

Lendas do mar
guión. 1992 (dir: Manuel Abad)
Windows Media > 56K > ISDN

Unha idea ambiciosa da TVG naqueles anos. En coproducción coa TF1 francesa e a RTP portuguesa, nove episodios sobre o atlántico. Eu escribín dous dos tres que correspondían a Galicia: un centrado nos naufraxios da Costa da Morte e outro nas forzas da natureza.

Cunqueiro, os días do fabulador
guión e dirección. 1991
Windows Media > 56K > ISDN

Luís A. Pousa, entón director de Videovoz, deume a oportunidade de escribir e dirixir esta serie documental de cinco episodios dunha hora sobre un dos escritores que máis admiro, no ano en que se lle dedicaba o Día das Letras Galegas. Aínda que a carencia de medios e as esixencias case imposibles do formato nótanse, creo que o resultado foi máis que digno, con algún momento, polo menos para min, moi emotivo.

Pimentel, retrato en branco e negro
guión. 1990 (dir: Anxo Quintela)
Windows Media > 56K > ISDN

No ano de Pimentel, escribín dous episodios dos cinco que compuxeron esta serie. Traballaba entón ó mesmo tempo en dous libros sobre o grande poeta galego, entón moi esquecido. Coma sempre, a voz de Xaquín Lens daba unha factura profesional á serie que os medios cos que se contaba intentaban acadar con dificultades.


  .........................................................................................................................................

..............................................................................................................................................................................
Todo o contido de esta páxina é propiedade intelectual de Miguel-Anxo Murado [Miguel Murado] | Autorízase a súa reproducción sempre que se cite a procedencia | Deseño web m&e ................................................................................