
En 1998, o escritor Miguel Anxo Murado foi a Palestina enviado polas Nacións Unidas. Permanecería alí cinco anos nos que viviu toda clase de situacións dramáticas e cómidas: desde representar a Palestina nunha feira internacional de turismo a presenciar atentados e bombardeos pasando por ser o portavoz oficial durante a visita do Papa. Fin de século en Palestina é o relato autobiográfico daquela experiencia personal na paz e na guerra, un relato auténtico, tenro, en parte tráxico e mesmo ás veces humorístico da vida nun país cheo de cor e de violencia.
|