Miguel-Anxo Murado
Miguel Murado
...........................
Artigos
...........................
Libros
...........................
Cine e Televisión
...........................
Pulsa para escoitar as crónicas de M.A. Murado na BBC
...........................
Acerca de
...........................
Enlaces
...........................
Contacto
...........................
...........................
Español
...........................
Inglés
...........................
In Association with Amazon.com  
...........................
...........................
...........................

.........................................................................................................................................

Os epitafios de Miguel Anxo Murado

VICENTE ARAGUAS • SANTIAGO - 20.02.05

Este Lapidario (Edicións Xerais, Vigo 2004), de Miguel-Anxo Murado, é moito máis que aquel outro Lapidario dos heterodoxos (1990) co que o autor lugués acadara o accésit do Esquío.
Agora Murado presenta un volume dobre en contidos, con notas a pé de páxina (ás veces) e notas biobliográficas no remate; notas ao redor dos autores que prestan –vida e a obra– argumentos a Murado, un autor do máis peculiar –e brillante– que póde facer (non digo que faga isto necesariamente) prosa á hora da poesía ou poesía á hora da prosa. Isto da confusión xenérica está moi ben nun autor viaxeiro e viaxado que cultiva o reporterismo, que ten estado en lugares moi quentes, e que mestura ficción e non ficción (que din) como Perico pola súa casa. Semellante fusión provoca que Murado igual non sexa tan recoñecido en Galicia como debería, non sei, mais o certo é que ‘Lapidario’, encabezado como seu irmán maior por unha cita de Edgar Lee Masters, debería ter un percorrido amplo. Mais dicía que o libro bota man no seu arranque de Masters, memorable autor de Spoon River Anthology, un clásico no xénero do epitafio, que é o que Murado toca desta volta, soamente que Masters entraba na intrahistoria (palabro unamuniano) deste e Murado vai máis lonxe, botando man de autores aos que fai falar en primeira persoa á hora de nos ceibar a súa mensaxe desde a cova. Non enumerarei o rol de artífices peneirados/peiteados por Murado; dicir que entre os galegos alá van Aguirre, Leiras Pulpeiro ou Afonso Eanes de Cotón. Non o perdan.

 



<< volver

  .........................................................................................................................................

..............................................................................................................................................................................
Todo o contido de esta páxina é propiedade intelectual de Miguel-Anxo Murado [Miguel Murado] | Autorízase a súa reproducción sempre que se cite a procedencia | Deseño web m&e ................................................................................