.........................................................................................................................................
A grande noite de Fiz
CADRO DÉCIMO SÉTIMO
E A MESMA TABERNA DO "LEÓN DOURADO" DE ANTES. O CAPITÁN SANSÓN E FIZ BEBEN. FIZ ESTA MEDIO BORRACHO.
FIZ:
É bo este viño.
CAPITÁN SANSÓN:
Pois pedide todo o que queirades, meu amigo. Non sempre se pode invitar a un compañeiro de armas.
FIZ:
Iso é ben certo. De feito, eu a vós non vos poder invitar nunca. Non me queda nin un dobrón...
CAPITÁN SANSON:
E dicídeme, capitán. ¿En que batallas servistes?
FIZ (PÉNSAO UN POUCO):
Recordo o sitio, pero non me vén á cabeza o nome... Dicídeme algúns a ver se me lembro...
CAPITÁN SANSÓN:
Estivestes se cadra na batalla de Nancy
FIZ (PENSA UN POUCO):
Non, creo que para esa non me avisaron.
CAPITÁN SANSÓN:
Pois teredes estado sen dúbida na de Avignon, foi o martes seguinte.
FIZ:
Creo que non. O martes era o meu día libre durante a guerra.
CAPITÁN SANSON (XA EMPEZA A INCOMODARSE):
Pois polo menos teredes estado en Trouilles.
FIZ:
Xa o creo que estiven. Aquelo si que foi unha batalla. Algo glorioso, si señor.
CAPITÁN SASON:
Pero... perdemos esa batalla.
FIZ:
¿De veras? Cando marchei dixéranme que todo ía ben. (COMO ESCULPÁNDOSE) Hoxe en día non te podes fiar de ninguén.
CAPITÁN SANSON:
Foi unha derrota espantosa. Os tres primeiros batallóns quedaron dezmados.
FIZ:
Mellor. Sempre me pareceu que eramos de máis. Especialmente á hora da comida. E iso que a nosa comida parecía que a cociñaba o inimigo. A verdade non me estraña que gañaran.
CAPITÁN SANSON:
¿Ah, non? ¿E por que non vos estraña?
FIZ (NERVIOSO):
Ben... eh... porque eu tería feito o mesmo.
CAPITÁN SANSON:
Non me digades ¿E vós onde estabades... se se pode saber?
FIZ:
Non me lembro en que parte da retagarda.
CAPITÁN SANSON:
¿Non vos vergoña recoñecer que non loitastes en primeira liña?
FIZ (COMO INDIGNADO):
¿Que non loitei dicides? Vós non tedes nin idea da cantidade de xente que quería manterse na retagarda. Os que o conseguimos tivemos que pelexar moi duro.
CAPITÁN SANSON:
¿Como vos atrevedes a dicir iso?
FIZ:
Ben. ¿E que queredes? Eu non son coma ese idiota que conducía o terceiro batallón.
CAPITÁN SANSON:
¿O Terceiro batallón? ¿ E que fixo ese idiota?
FIZ (RISE E CÓNTALLO POLO BAIXO):
Parece ser que se lanzou contra o fronte do inimigo esperando que os demais protexerámoslles os flancos. Claro que nin sequera sei o que son os flancos. (RI) Creo que tivo que volver correndo con todo o exército francés detrás... (DEIXA DE RIR. DA UN GROLO A SÚA XERRA DE VIÑO): Por certo, ¿vós que batallón dirixiades?... (MIRA PARA O SEU XESTO ADUSTO)... ¿O primeiro? (O XESTO DO CAPITÁN SANSON É PREOCUPANTE) ...¿O cuarto? (O CAPITÁN SANSON DI QUE NON COA CABEZA LENTAMENTE) ...¿O terceiro?
O CAPITÁN SANSÓN ASINTE COA CABEZA A MODO MENTRES VAI TIRANDO A ESPADA DA VAINA. O CAPITÁN SANSÓN COLLE A FIZ POLA CASACA.
CAPITÁN SANSÓN
¡Maldito miserable! ¡Tivemos que nos retirar! ¡Cobardes! (DÁLLE UNHA BOFETADA CUN GUANTE NA CARA E TÍRAO NO CHAN)... ¿Sabedes o significa isto?
FIZ (MIRA O GUANTE NO CHAN):
¿Que xa non queredes ese guante?
CAPITÁN SANSON:
Mañá irei buscarvos á vosa pousada para que defendades coa punta da espada as necidades que proferides coa punta da vosa lingua. Facede que vos acompañen os vosos padriños. (SAE).
FIZ (QUEDASE PENSATIVO, A PARTE PARA O PUBLICO):
¿Acompañarme os meus padriños? Pero se eu non sei quen son os meus padriños... Nin sequera sei quen eran os meus pais...
ESCURÉCESE A ESCENA. ARRANCA A MÜSICA DA SEGUINTE ESCENA. A MESMA MÚSICA QUE CANDO APARECEU DISFRAZADO DE MEDICO. E AXIÑA LÉVANOS A SEGUINTE.
<< volver
|