.........................................................................................................................................
ACÉNDESE TODA A LUZ DO ESCENARIO. VEMOS O CARROMATO DOS CÓMICOS NO LADO DEREITO, E NO LADO ESQUERDO UNHA ARBORE. DIANTE DO CARROMATO HAI SEIS MANTAS, NO CHAN. EN TRES DELAS ESTÁN DEITADOS TRES DOS PERSONAXES, AS OUTRAS TRES ESTÁN BALEIRAS. ENTRE ESTES PERSONAXES DEITADOS E O PUBLICO HAI UNHA FOGUEIRA FALSA ACESA.
APARECE EN ESCENA UN PERSONAXE DISFRAZADO COMO A MORTE, CUNHA GADAÑA NA MAN, QUE SE DIRIXE SIXILOSAMENTE CARA ÓS QUE ESTÁN DURMINDO. DAQUELA FAINOS ACORDAR APRESURADAMENTE.
MORTE:
¡Ei! ¡ei! ¡erguédevos! ¡erguédevos! ¡que marcharon! ¡fuxiron!
EMPEZAN A ACORDAR OS DOUS QUE DURMÍAN. UN É UNHA MULLER VESTIDA CUNS FARRAPOS (PECADO). O OUTRO É UNHA MULLER VESTIDA DE ANXO (GRACIA), Ó VER A MORTE AS DÚAS CEIBAN UN BERRO.
PECADO (AÍNDA MEDIO DURMIDA)
¿Que foi? ¿xa temos que actuar outra vez? ¡Aaaaah!
GRACIA (DANDO UN SALTO)
¡Ah!
AS DÚAS APÁRTANSE CORRENDO. A MORTE VAI CARA A ELAS.
PECADO
¡Non! ¡Non te achegues!
MORTE
Pero, que son eu... (A MORTE QUITA A MASCARA DE ESQUELETO)
GRACIA (INCOMODADA)
¡Serafín! Pero ¿como se che ocorre virnos acordar vestido así?
MORTE (AMOLADO)
Pero se estás farta de verme vestido así... Dez anos traballando xuntos e aíndanon te afixeches.
GRACIA:
¿E que? Ti non sabes a impresión que dá. No escenario nada, porque co malactor que es. Pero así, no medio da noite... ¡Home, calquera che di "bos días"!
MORTE:
¿E como teño que facer logo? ¿Poñer un cartel?
GRACIA:
Que queres que che diga. Polo menos podías deixar a gadaña...
MORTE:
¿E se ma levan?
GRACIA
¿Quen cha vai levar aquí? ¿un peregrino fetichista?
MORTE
Ó mellor un labrego mal equipado.
PECADO (MIRANDO PARA AS MANTAS BALEIRAS):
Pero ¿Onde van?
GRACIA
¿Quen?
PECADO (DESCONCERTADA)
El... e ela. Os outros.
GRACIA (TAMÉN MIRADO PARA TODOS LADOS)
É certo... ¿Onde van os outros?
MORTE
Iso é o que vos quería dicir. Marcharon.
PECADO (ANGUSTIADA)
¿Como que marcharon?
MORTE (FALA SEN PARAR, AS OUTRAS NON LLE FAN CASO)
¡E eu que sei!. Eu sentín ruído e erguinme para ver que pasaba, porque pensei"se cadra é un rato que anda roendo nunha árbore e me cae a min na cachola". Xasei que é pouco probable, pero...
PECADO (MAIS ANGUSTIADA, INTERROMPENDO)
Non pode ser... ¿Como ían marchar se...?
GRACIA
¡Que si, filla, que marcharon! ¡os dous! ¡xuntos!
PECADO
¿Quere dicir... clandestinamente?
GRACIA
Si, filla, clandestinamente. Todo o clandestinamente que ti queiras.
MORTE
Se clandestinamente quere dicir "cos cartos", pois si. Moi clandestinamente.
PECADO
¿Cos cartos?
GRACIA (CON FATALISMO)
O que nos faltaba.
MORTE
Haberá que dicirllo ó empresario.
GRACIA:
Si, haberá que dicirllo ó empresario .(ACHÉGASE A OUTRA DAS MANTAS ONDE VEMOS UN BULTO, OUTRO PERSONAXE, TOTALMENTE CUBERTO) ¡Empresario! ¡Empresario! ¡Asoma a cabeciña xa verás que ben!
MORTE:
A ver con que pinta esperta hoxe, porque isto vaino poñer dun xenio...
ASOMA A CABEZA E VEMOS Ó EMPRESARIO, VESTIDO DE DEMO.
MORTE
Ves, xa dicía eu que había ter mala cara.
EMPRESARIO:
¿Que pasou? ¿A que veñen estes madrugóns? ¿A que ven tanto apuro? (DÓESE DA CABEZA) ¡Aaaa! Estou como mareado... (COLLE DE CARÓN DE SI UN GARRAFO E O MIRA).
GRACIA
Como mareado non. Estás mareado. E xa verás que ben que te vas poñer agora...
¡marcharon!
EMPRESARIO:
¿Quen?
MORTE:
O rapaz. O actor novo. O que contratamos en Ponferrada.
EMPRESARIO (ACORDANDO)
¿O que facía de...?
GRACIA
Si, o que facía o papel de Home Inocente nas obras. ¡Feliz aniversario da compañía! ¿Non o estabamos a celebrar onte? Pois aí o tés. Éche ese o agasallo.
PECADO (VESE QUE LLE DOE ESPECIALMENTE)
E fugou con Perdón Divino. Xa vía eu que estaban liados.
GRACIA (CON RETRANCA)
Si, menudo Perdón Divino que estaba feita esa rapaciña...
MORTE (COLLENDO UN COFRECIÑO DO CHAN E MOSTRANDOO ABERTO):
¡E ademais levaron consigo a bolsa cos diñeiros da recadación toda...! ¡Ala! ¡Catro Danzas da Morte para nada! ¡Se o chego a saber...! ¡Co ben que me saíu a mina parte da Condenación Eterna...! ¡Pois eu xa non o volvo facer máis. Oda Condenación Eterna xa non o fago máis, ¿escoitastes?
EMPRESARIO (INXENUO)
Ó mellor foron por aí... xa sabedes. E se cadra volven.
GRACIA
Si, volven, correndo. Non, se é que ti es bo de máis. Xa de tan bo que es o que es éparvo (A PARTE) E ata non sei se non serías parvo tamén, aínda que foses malo .(Ó EMPRESARIO) Xa cho dixen eu que eses dous non eran de fiar.
EMPRESARIO
A min a rapaza pareceucheme unha boa rapaza. Cando a atopamos vinlle boa pinta.
GRACIA
¡Cando a atopamos estábana exortizando entre tres cregos e dous catecúmenos! ¡se iso é ter boa pinta!... E o Home Inocente... Pois si que nos saíu "inocente" o "home". Ti, como contratas ó primeiro que ves... ¡Ca de parados que hai para escoller!
EMPRESARIO
Si, iso si que cho concedo. O rapaz xa non me gustaba tanto. Había algo nel... algo que metía un pouco de medo. O que pasa é que é difícil atopar xente para opapel de Home Inocente. Homes hai moitos, pero o aspecto inocente... iso xa écheoutra cousa ben distinta. Nestes tempos a xente é moi mal encarada. Non sei porque. Sei que polo do Milenarismo...
MORTE
¿E como imos facer agora?
EMPRESARIO
Sen o Perdón Divino podemos facelo igual. Total, xa era un personaxe moi pouco crible.
<< volver
|