...........................
Artigos |
...........................
Libros |
...........................
Cine e Televisión |
...........................
. |
...........................
Acerca de |
...........................
Enlaces |
...........................
Contacto |
...........................
. |
...........................
Castellano |
...........................
Inglés |
...........................
. |
|
...........................
. |
...........................
. |
...........................
. |
|
.........................................................................................................................................
HAS MORRER EN LUGO
Este relato, que termina coa morte violente aun home, comenza tamén coas mortes doutros catro, sucedias na distancia do tempo unhas doutras, pero todas catro na mesma familia.
Xan de Aldai, home serio, morreu na noite de San Froilán do 1913 ferido por ladróns preto da entrada toledana da muralla, aló en Lugo. Era un home alto e rufo, forte, mais collérono polas costas entre dous, ás doce da noite segundo se soubo logo, e matouse ó bater coa testa no chan.
Un morto era desgracia abonda, mais dous xa falaban dalgunha maldición oculta: a catro anos contados da morte de Xan de Aldai, e cando subiu a Lugo para amañar unha merca de cochos, caía no Campo da Feira con catro navalladas no corpo Alberto de Aldai, o irmán máis pequeno de Xan. E así, recordando por homes máis vellos, chegáronse a atopar aínda outros dous mortos, mortos de morte violenta nada máis poñer os pés na cidade de Lugo. Deu moito que falar a coincidencia no destino dos Aldai, e para moitos non había tal coincidencia.
Os Aldai eran dunha aldea de a poucos quilómetros de Lugo capital, xunto ó río, onde remansa a auga para pasar por baixo da ponte romana. Lugo quedáballes, cruzada a ponte, no alto; e desde a casa deles, desde a galería, ollábase o comenzo das casas brancas e grises e o despunte da catedral.
Durante anos ningún dos nenos que se criaron naquela casa foi levado para á capital. A capital quedaba para eles ó lonxe, invisible. Era unha pregunta que non recibía respostas. Se a viron cambiar, se viron como lle medraban as costas baixando cara ó río case que con presa, vírona máis ben afastada coma un medo. A imposibilidade de Lugo era a calma dos Aldai máis vellos. No seu solar aínda se velaban as violencias de antano. Pero logo, a xenreira que gardaban dentro de si para con aquela cidade pasou con tempo a enquistárselles e era xa máis ignorala que temela.
Así, na seguinte xeración de Aldai, avellentou o medo á ameaza como avellentan os máis feroces odios. Houbo, xa que logo, un Aldai que quixo ir a Lugo. Pouco podían o apelar a outros mortos e outros anos cando o tempo pasara riba deles tantas veces. Os medos quedaban intactos, pero tan no fondo das cousas, tan pouco claros, que ninguén dixo nada ó ver o Nicolás de aldai coller o camiño de Lugo.
Pasaran anos e Lugo parecía que recorrera o espacio á busca das aldeas do pé do monte, achegándose a elas por ringleiras brancas de casas novas. O último dos Aldai non tivo que andar moito para chegar á cidade. Subiu por engrente do Hospital de San José e nun cía soleado de maio entrou pola porta de Santiago. Estivo toda a tarde polo centor amañando os lerios que o levaran aló. Tamén esrivo sentado nun bando da Alameda vendo pasar a xente.
Cando se fixo noite dispoñíase a volver, tal e como tiña pensado. Na noite e na rúa de clérigos agardábano xa dous homes armados. Cando lle viñeron encima soltouse Nicolás cunha navalla que tirou do cinto coma un lóstrego. Logo, en dous golpes de man certos, deixou a un daqueles homes contra un recanto da catedral, caendo. Matouno.
Cando se soubo na aldea da nova da morte que fixera o Nicolás de Aldai houbo quen dixo que a maldición desa familia estaba en levar a morte con elles, a súa e a dos demáis. Outros dixeron que non, que era que morte mesma cubrira o seu cupo nos Aldai e que agora virara de sentido.
<< volver
|