...........................
Artigos |
...........................
Libros |
...........................
Cine e Televisión |
...........................
. |
...........................
Acerca de |
...........................
Enlaces |
...........................
Contacto |
...........................
. |
...........................
Castellano |
...........................
Inglés |
...........................
. |
|
...........................
. |
...........................
. |
...........................
. |
|
.........................................................................................................................................
Miguel-Anxo Murado volve á poesía narrativa coa edición de «Lapidario»

Para Miguel-Anxo Murado a poesía non debe resignarse só a ser lírica. Tamén considera que os libros nunca son obras por completo pechadas e por eso acaba de publicar Lapidario , unha obra que amplía un seu libro anterior, Lapidario dos heterodoxos , e no que demostra o gusto por revisar as frases que deixan os homes cando son conscientes de que desaparecerán.
Murado (Lugo, 1965) acaba de editar en Xerais un libro no que entra a manobrar nun xénero literario como os epitafios. Murado toma da vida de autores tan dispares como Pimenta, Ambros Bierce, Leiras Pulpeiro. Chekov ou Casanova, e ficciona palabras que poderían servir como final ou ser reveladoras.
Para Murado «a poesía non ten por que ser só lírica, pode ser narrativa e pode, como neste caso, servir ao xénero biografico». O escritor considera que as biografías despertan interese nos lectores por canto «levan con elas unha idea de verdade, de que contan feitos acontecidos por máis que haxa nelas elementos de ficción». O propósito non era facer biografía senón «aportar algo aos xéneros e, neste caso, ao xénero dos epitafios».
A revisión do libro anterior, segundo Murado, é «unha actividade que me gusta como gusta traballar con series de cousas, con variacións, facer versións das cousas». Cre o escritor que desde o mesmo título se pode apreciar algúns cambios na obra «agora prefiro os títulos máis curtos, máis sinxelos, pero tamén quería ampliar o número de personaxes que pasan polo libro».
<< volver
|