...........................
Artigos |
...........................
Libros |
...........................
Cine e Televisión |
...........................
. |
...........................
Acerca de |
...........................
Enlaces |
...........................
Contacto |
...........................
. |
...........................
Castellano |
...........................
Inglés |
...........................
. |
|
...........................
. |
...........................
. |
...........................
. |
|
.........................................................................................................................................

Murado recolle nun libro a súa ollada sobre a cultura de Xapón
O autor lugués retrata un pobo que fai pervivir as tradicións baixo o influxo de Occidente
«Caderno de Xapón» é o froito dunha estadía de Miguel Anxo Murado no país asiático e do interese do autor lugués pola súa cultura. Atento observador de costumes, crenzas e mesmo da lingua, Murado atopa baixo unha epiderme de occidentalización un Xapón xenuíno, onde «non existe contradicción entre modernidade e tradición». Sen embargo, o escritor non tentou facer un ensaio, senón anotar as reflexións suscitadas por un pobo diferente. Na actualidade, traballa como xornalista en Xerusalén.
«Quizais os xaponeses non son como nos imaxinamos». Con esta frase das primeiras páxinas de Caderno de Xapón (Galaxia, colección Continental) pode resumirse a intención de Miguel Anxo Murado (Lugo, 1965) á hora de escribir as súas reflexións sobre a cultura e os habitantes nipones.
Murado preferiu evita-lo ton serio dos ensaios académicos e emprega no seu retrato de Xapón un rexistro que se achega máis ás anotacións dunha viaxe. ¿Por que a fascinación do autor lugués por este pobo, asimilado aquí ó turista armado de cámaras e que o visita todo en grupo? «O que me fixo interesar por Xapón foi que é un país no que a tradición e modernidade están fundidas, non hai choque», di.
Deste xeito, Murado se propón ollar baixo un soposto Xapón occidentalizado e comproba cómo perviven modos de entende-la vida que rexeron o país durante séculos. No libro atópanse exemplos variados: os campos de golf remiten á paixón polos xardíns, os bailes de rock teñen máis ca ver coas artes marciais, e as hamburgueserías teñen a forma dunha estancia do pazo imperial.
Sobre a fascinación que Xapón poida exercer sobre Murado, o escritor lugués alude á capacidade que o país asiático ten para exporta-lo seu, non só aparellos tecnolóxicos, senón cultura coma o cine ou o cómic manga. Antes ca el, arquitectos como Frank Lloyd Wright ou os pintores impresionistas sentiron atracción pola cultura xaponesa e a incorporaron á súa propia.
Xapón conserva así unha identidade propia baixo a imposición dunha cultura globalizadora. Pero Miguel Anxo Murado cre que outros países, e mesmo Galicia, tamén a conservan. «A globalización non existe tanto como pensamos, sempre houbo algo dela», di.
<< volver
|